Ir ao contido principal
Hotel Rústico Lugar Do Cotariño
Instalacións do Hotel Rústico Lugar do Cotariño
Instalacións do Hotel Rústico Lugar do Cotariño
Instalacións do Hotel Rústico Lugar do Cotariño
Instalacións do Hotel Rústico Lugar do Cotariño
Instalacións do Hotel Rústico Lugar do Cotariño
Instalacións do Hotel Rústico Lugar do Cotariño
Instalacións do Hotel Rústico Lugar do Cotariño

Un ambiente que respira historia

Onde a historia se atopa coa elegancia.

O Hotel foi reconstruído conservando a súa antiga estrutura de pedra das casas de aldea. Das tres, dúas eran dedicadas a vivenda e unha a cortes. A máis grande data de 1.713.

O fermoso xardín de uns 2500 m² cos seus dous hórreos de pedra e o seu pequeno regato, proporcionan ao hóspede tranquilidade e sosego.

O salón-recepción conserva a súa antiga lareira onde o hóspede poderá gozar das noites de inverno xunto á calor do fogo. Dispón tamén dun salón común para os aloxados, idóneo para grupos ou familias.

SERVIZOS

Os Servizos que ofrece o Hotel entre outros son:

  • Servizo de recollida e entrega de clientes nos diferentes aeroportos, estacións de tren e autobuses.
  • Servicio WiFi gratuíto.
  • Bar autoservizo.
  • Servizo de lavandería e repasado.
  • Aparcadoiro privado gratuíto.
  • Aluguer de bicicletas.
  • Información turística.

Reserva directamente na nosa web

Se reservas directamente connosco, garantímosche o mellor prezo.

Reserva agora

Instalación dunha bomba de calor aerotérmica e ampliación de paneis solares

Promotor: Hotel Rústico Lugar do Cotariño

Descrición: O noso hotel investiu recentemente en enerxías renovables, demostrando o noso compromiso cun mundo menos contaminado e aliñándose co que o hotel ofrece aos nosos hóspedes: un ambiente saudable e menos dependente dos combustibles fósiles.

A instalación inclúe unha bomba de calor aerotermica que substituirá a caldeira de gasóleo, evitando aproximadamente 3,5 toneladas de emisións de CO2.

Ademais, ampliamos o noso sistema solar térmico existente para auga quente sanitaria, aumentando o número de paneis solares de 3 a 6. Isto permitiranos duplicar tanto o noso aforro en gasóleo como as nosas emisións de CO2.

Logo entidad financiadoraLogo entidad financiadora